Escoitar

Santi Domínguez anuncia que Tenencia de Alcaldía colaborará coa Mesa pola Normalización para potenciar o galego

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza con representantes da Mesa pola Normalización Lingüística, Tras o encontro, o nacionalista manifestou a súa disposición a colaborar con esta entidade "para potenciar a nosa lingua en todos os sectores e que estea máis presente na nosa cidade".

martes, 22 feb 2011
1298381636Mesa.JPG
Santi Domínguez explicou que a xuntanza tivo o obxectivo de "seguir afondando na relación que cremos que ten que haber entre a administración cunha institución como a Mesa pola Normalización". Segundo asegurou o tenente de alcalde, fai un traballo "moi interesante e moi apropiado" a prol do galego. "Estaremos sempre dispostos a colaborar en todo o que teña que ver coa posta valor da nosa lingua", asegurou.

O presidente da Mesa, Carlos Callón, manifestou que a posibilidade de colaborar entre este colectivo en defensa da lingua e o Concello de Vigo enmárcase na "situación preocupante" pola que a travesa o galego na cidade. Neste sentido apuntou que, segundo as enquisas, Vigo é a cidade na que se está producindo unha maior desgalización, aínda que a sociedade viguesa considera que o galego forma parte do "patrimonio común", polo que asegurou que desde esta perspectiva "estamos vendo como colaborar para transformar esa realidade".
Descargar todas as imaxes