Escoitar

Caballero confirma a modificación do Plan Xeral para incluir a senda verde que ocupará as actuais vias do tren

O alcalde de Vigo explicou este mércores que o PXOM de Vigo será modificado para adecualo á decisión municipal de habilitar un paseo verde de 3 quilómetros no espazo que ocupa actualmente as vías ferroviarias ata Urzáiz. Abel Caballero advertiu que o Plan contemplaba a entrada do AVE en superficie, "partindo a cidade en dous", pero a consecución do túnel de acceso permite liberar a zanxa e empregar o espazo para uso cidadá.

mércores, 23 feb 2011
1298469597Imagen010.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ratificou este mércores a decisión municipal de construir un paseo verde de tres quilómetros de lonxitude no espazo que actualmente ocupan as vías do tren ata Urzáiz, para o que é preciso modificar a normativa urbanística.

Ante preguntas dos periodistas, Caballero confirmou esta decisión e defendeu a modificación do Plan Xeral prevista para dar cabida ao corridor verde. Nuns meses, os trenes deixarán de circular desde a estación de Urzáiz para facelo na provisional de Guixar, prácticamente rematada, ata que estea construída a nova terminal que acollerá o AVE. Para entón, a de Guixar permencerá como terminal de cercanías.

Explicou Caballero que o Plan Xeral contemplaba a entrada do AVE a Vigo en superficie desde Redondela, o que na práctica suporía "partir a cidade en dous", sobre todo en Teis, xa que así foi asinado polo anterior goberno municipal. Coa chegada do actual executivo, a entrada foi modificada, o acceso soterrado xa está en obras, quedando liberado o terreo que ocupan hoxe as vías ferroviarias, que convertirase nunha senda verde de uso cidadá.
Descargar todas as imaxes