Escoitar

Os actos centrais da festa da Reconquista comezan o venres cun concerto na praza do Berbés

A celebración dun concerto na praza do Berbés o venres 27, ás 22.30 horas, dará o pistoletazo de saída aos actos centrais do Bicentenario da Reconquista, que se prolongarán durante toda esta fin de semana. Na presentación do programa, no que participaron o tenente de alcalde, o concelleiro de Cultura e o presidente da Asociación Veciñal do Casco Vello, Santi Domínguez convidou a todos os vigueses e viguesas a achegarse o sábado ao Casco Vello, xa que coinciden o día no que "se cumpren 200 anos de que Vigo se reconquistou a si mesma" e o día que terá lugar a representación do acontecemento histórico da Reconquista da cidade.<br />

venres, 27 mar 2009
1238162324cartelreconquista09.jpg
O presidente da Asociación Veciñal do Casco Vello, Henrique Macías, explicou que a primeira novidade deste ano é a duración dos actos centrais, que pasan de dous a tres días. A primeira actividade será o venres na praza do Berbés, ás 22.30 horas, cun concerto a cargo de Os tres Trebóns e Homes sen medo.

A segunda novidade é á ampliación da zona da festa, que chegará ao Náutico. Nnesta zona haberá dous espazos diferenciados: un adicado aos xogos infantís e outro adicado á vida mariñeira e no que haberá exposición de embarcacións tradicionais, mariñeiros e redeiras.

O sábado as distintas actividades comezarán pola mañá, ás 11 horas, co inicio das demostracións artesáns, o mercado e a animación musical, que se prolongarán ata o domingo ás 20.30 horas e que terán lugar en diferentes rúas e prazas do Casco Vello. O prato forte da xornada será a representacion da Reconquista, que coincide co día do acontecemento histórico e terá lugar ás 18 horas, tras a súa presentación oficial ás 17 horas na praza da Constitución.

Respecto á representacion, o presidente da Asociación Veciñal do Casco Vello explicou que este ano haberá novas escenas, sobre todo ás que teñen lugar no Náutico e que se refiren ao embarco das tropas francesas. Pola noite terá lugar o segundo concerto da fin de semana, na praza do Berbés ás 20.30 horas, a cargo das Cantareiras do Berbés. Xa o domingo celebrase o terceiro e derradeiro concerto da fin de semana, tamén na prazá do Berbés ás 20.30 horas, coa actuación do grupo de música tradicional galega Tiruleque.
Descargar todas as imaxes