Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Zaragoza

<br />

venres, 27 mar 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización da rúa Zaragoza, entre as rúas Regueiro e Tarragona, a realizar pola empresa Hidroscivil, estará pechada ao tráfico a devandita rúa, con acceso exclusivo para garaxes e carga-descarga, dende o luns 30 de marzo de 2009 ás 11.00 horas e por un período aproximado de seis meses.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Regueiro e Zamora.
Solicítase atención á sinalización e a máxima colaboración cidadá.