40 profesionais participaron na extinción da nave en Guixar que afectou tres vivendas
O alcalde explicou este mércores o procedemento de extinción do incendio declarado onte nunha nave de 400 metros cadrados en Guixar, no que participaron 8 vehículos e 25 operarios dos bombeiros e 15 policías. Abel Caballero adiantou que xa se iniciaron procedementos administrativos para "depurar responsabilidades" xa que a nave carece de licenzas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou hoxe mércores que 40 profesionais participaron na extinción do incendio declarado onte martes pola mañá nunha nave en Guixar que almacenaba roupa, bobinas de algodón e fío, rolos de tela e bombonas, afectando a tres vivendas.
Un total de 5 cubas, 8 camións e 25 unidades do servizo de bombeiros, xunto con 15 policías, puideron controlar o lume en apenas dúas horas, pese a que o incendio propagábase con facilidade, segundo indicou Abel Caballero, quedando afectadas tres vivendas, unha destas de importancia.
Cara ao "control inmediato" do lume, os bombeiros empregaron 30.000 litros de auga e o rexedor enfatizou que "en ningún momento houbo carencia de auga" a pesar da ausencia de hidrantes na zona, pois se seguíu o procedemento habitual. Ademais, os vehículos aparcados foron retirados para facilitar o acceso aos vehículos, dada a estreiteza da rúa.
O alcalde detallou que onte martes foron apontoados os muros bombeados e hoxe mércores terá lugar a inspección policial que permitirá derrubar as instalacións defectuosas afectadas polo incendio. Abel Caballero indicou que o Concello ofreceu aos veciños realoxos en hoteis, ofrecemento que rexeitaron.
Tras o control do lume, segundo afirmou o alcalde, o Concello comprobou que a nave, de 400 metros cadrados, carecía de licenza de actividade de ningún tipo. O departamento municipal de Urbanismo, explicou Abel Caballero, xa abríu o procedemento administrativo e se adoptarán as medidas precisas para "depurar responsabilidades".
Descargar todas as imaxes