Iolanda Veloso destaca que a festa do 8 de marzo emprega a "creatividade activa a prol da igualdade"
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, salientou este mércores que os actos organizados con motivo do Día Internacional da Muller baixo o lema "Creactivas. Imaxinar igualdade non abonda" empregan a "creatividade activa a prol da igualdade". Segundo salientou a edil a Praza 8 de Marzo será o principal escenario das actividades, xa que dela partirá ás 12 horas a manifestación organizada pola Marcha Mundial das Mulleres e nela tamén terá lugar a lectura do manifesto ás 19 horas .
A concelleira nacionalista salientou que o programa "Creactivas" propón a utilización da creatividade activa "para rematar coa discriminación que sofren ás mulleres" e quere achegar á cidadanía esta proposta mediante pasarrúas que percorrerán todos os barrios da cidade. Neste sentido, sinalou que os actos programados na Praza 8 de Marzo "están dirixidos a toda a cidadanía, e non só as propias mulleres", e entre eles destacan teatro, música, circo, lectura, graffiti, humor e agasallos.
"O vindeiro domingo 8 de marzo celebraremos unha gran festa co obxectivo de gozar dunha xornada de convivencia e de reivindicación", subliñou Iolanda Veloso na presentación dos actos, na que tamén participou a representante do Consello Municipal da Muller, Rosa Fontaíña. Ao respecto, Fontaíña salientou que a festa "transformará esta céntrica praza nun lugar de encontro das mulleres da cidade e do público en xeral, xa que no programa están incluídos actos para nenas e nenos e adultas e adultos".
As actividades previstas, que se desenvolverán de xeito ininterrumpido de 10 a 20 horas, perseguen a participación activa das persoas que asistan. Así, o público poderá contribuír, coas súas mensaxes, á elaboración dun mural e colaborar na lectura de textos seleccionados relativos á situación da muller. A ambientación musical da praza incluirá sesións animadas por Djs, a actuación da rapeira AÍD, a actuacion da cantautora arxentina Miriam Sandoval, co seu espectáculo "Con voz de muller"; as actuacións das "Cantareiras do alba", do Centro Cultural de Valadares, e da formación de folk "As Routadas". Pola súa banda, as actrices Pepa Yáñez, "La Chus", e Rosa Rodríguez serán as encargadas de dinamizar as actividades que se desenvolverán durante a xornada.
Tamén haberá actividades para as nenas e os nenos que se acheguen á praza, xa que ás 12.15 e as 16.30 terán lugar actividades circenses tamén poderán participar en diversas actividades circenses que desenvolverán Raquel Oitavén e Mercé Solé, da Asociación Pista Cinco. Bolas, malabares, diábolos, zancos ou colchonetas son tan só algúns dos elementos utilizados para o goce de pequenas e pequenos, que recibirán diversos agasallos
Así mesmo, o Consello Municipal da Muller quere render co gallo do 8 de
Marzo unha homenaxe "Ás mulleres esquecidas, invisibles e ocultas", a aquelas mulleres ligadas a diversos oficios invisibilizados e infravalorados ao longo da historia de Galiza. Así, lembrarase o papel fundamental que tiveron na economía as conserveiras, as carrexonas, as cesteiras, e as traballadoras do fogar, entre outras.
Ao igual que na pasada edición da festa, varias artistas graffiteiras elaborarán
in situ unha grande obra relativa á celebración do 8 de Marzo. O traballo realizado na edición de 2008 permanece na Praza 8 de Marzo e xa forma parte da paisaxe urbana deste espazo. Ademais, durante toda a xornada permanecerá aberta a exposición "Muller e Ciencia", unha mostra da Secretaría Xeral de Igualdade que dá a coñecer, a través de paneis, o traballo de mulleres científicas galegas e anima ás mozas a incrementar a súa presenza nos ámbitos científico e tecnolóxico.
Descargar todas as imaxes