Bombeiros e Policía Local atenderon 85 requerimentos por mor do temporal desta fin de semana
O alcalde deu conta este luns do resultado do dispositivo de seguridade activado esta fin de semana ante a alerta laranxa por temporal. Abel Caballero salientou que o servizo, composto por 114 persoas, "funcionou perfectamente en todos os ámbitos", e se contabilizaron 32 saídas dos bombeiros e 53 da Policía Local. Ademais, o vento volcou uns 200 contedores de basura.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns das principais incidencias rexistradas na pasada fin de semana, en alerta laranxa por temporal, na que se contabilizaron 85 saídas da Policía Local e dos Bombeiros.
O dispositivo de seguridade formado pola Policía, Bombeiros, Protección Civil e as concellerías de Seguridade, Vías e Obras e Limpeza mobilizou ao longo dos tres días un total de 114 persoas, e segundo o alcalde "funcionaron perfectamente en todos os ámbitos", pois "se actuou de forma inmediata" en cada incidencia e "en todo momento a situación estivo controlada" a pesares dos fortes ventos.
O servizo de Bombeiros realizou 32 saídas por mor do temporal, atendendo a danos nun vehículo pola caída dunha persiana, cables colgando en cinco rúas, a caída dun muro en Cabral, dun andamio de obra en Teixugueiras, a caída de losetas dunha fachada en rúa Don Quijote, o levantamento da cuberta das gradas do campo de fútbol do Monte da Mina e polo desprazamento de tellas.
A Policía local, pola súa banda, efectuou 53 saídas das que cabe reseñar cinco fugas de auga por rotura de tuberías; e Parques e Xardíns rexistrou a caída de dous pinos no parque forestal de A Madroa, unha acacia na rúa Estrada e dúas máis en A Guía.
Ademais, o servizo municipal de Limpeza contabilizou un total de 220 contenedores volcados por mor da forza do vento, algúns provocando "pequenos danos en vehículos", explicou o alcalde.
Descargar todas as imaxes