O Concello avanza na conversión da Praza de España en espazo semipeonil
O alcalde deu conta esta mañá dos avances nos convenios que permitirán semipeonalizar a Praza de España e construír nos solares baleiros. Na Xerencia de Urbanismo do martes que vén darase conta dos avance nesa tramitación.
O goberno local segue traballando na ordenación da Praza España para adaptarse ás directrices do novo PXOM. Na Xerencia de Urbanismo aprobaremos inicialmente o primeiro convenio urbanístico da xestión da mazá denominada 3 (zona Pizarro/ Puerto Rico/ Honduras). O obxectivo é ordenar unha superficie de 2.904 m² na que se construirán 75 vivendas.
Tamén iniciaremos a tramitación do convenio do convenio da 2 (entre Gran Vía y Pizarro) polo que xa están en curso todos os convenios da Praza España ao este da Gran Vía. Segundo explicou Caballero, estes acordos teñen por obxecto a cesión de novos tramos viarios para completar o anel perimetral o que permitirá, no seu momento, a semipeonalización da praza, tal e como contempla o novo PXOM.
Esta iniciativa, engadiu, facilitará a construción dos solares actualmente baleiros e, posteriormente, a través dos estudios de detalle, garantizarase a calidade estética das edificacións.
Bouzas
Outro dos asuntos que se abordará no Consello da Xerencia son as obras de urbanización do polígono VI do PEPRI de Bouzas. Trátase dunha zona situada entre Beiramar e Tomás Alonso, concretamente entre a rúa Covadonga e Tomás Alonso. É un ámbito de 2.700 m² dos que 1.457 serán zonas viarias ou verdes e construiranse 28 vivendas. Tal e como explicou Caballero, esta iniciativa abre unha nova comunicación peonil entre Beiramar e Tomás Alonso, ademais de xerar unha nova zona verde. Unha vez recepcionadas as obras de urbanización, este espazo será de acceso público.
Tomás Alonso
Caballero avanzou así mesmo que a semana que vén dará comezo a tramitación do solo urbano non consolidado en Tomás Alonso, na confluencia con Núñez Balboa. Cunha superficie de 23.342m2, o 855 do solo será residencial cunha reserva dun 30% para vivenda protexida. O prazo de desenvolvemento será de 3 anos.