Escoitar

Abel Caballero destaca a calidade da nova edición do Festival Aéreo Internacional de Vigo e augura un éxito rotundo de participación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e o presidente da Asociación Festival Aéreo de Vigo, Pablo González, asinaron esta mañán o convenio para a organización e desenvolvemento do certame que, este año, chega a súa décima edición xa consolidado coma o evento de ocio de maior afluencia do noroeste peninsular.

mércores, 7 xul 2010
1278516477festivalok.jpg
Na presentación das actividades do Festival o alcalde destacou a calidade do evento deste ano e augurou un éxito rotundo de participación, que este ano podería superar os 400.000 visitantes acadados na pasada edición. "Éste é un dos eventos máis importantes de exhibición pública de toda Galicia", asegurou o rexedor, quen adiantou que a organización xa está preparada para acoller a chegada de miles de seguidores.

Dada a crise económica actual Abel Caballero destacou o esforzo por levar adiante o festival sin mermar a calidade e a oferta do mesmo. "Este ano faráse máis con menos recursos", dixo, nun festival que conta o respaldo do Concello e de Caixanova. Os gastos da organización do festival vigués rondan os 80.000 euros aínda que a colaboración dos organismos e persoal implicados é incalculable. Así o sinalan desde a organización ao asegurar que non se poden cuantificar as cantidades por hora de vóo, o traslado de aeronaves...

O presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asegurou que o respaldo ao evento xurde na importancia da súa repercusión mundial, polo que explicou que o apoio da entidade que preside é unha das mellores formas de cumprir cun dos seus obxectivos "que Vigo teña presencia fora porque vender Vigo é un obxectivo claro e unha verdadeira obsesión".

O Festival Aéreo Internacional de Vigo contará coa participación dunha veintena de patrullas e pilotos acrobáticos, civís e militares, tanto españois como procedentes doutros países europeos como Francia, Italia ou Portugal.

Nesta edición a Armada Española tamén estará presente na celebración coa programación de actividades orientadas a todos os públicos e coa entrega da bandeira de combate á Fragata Méndez Núñez, que estará no porto vigués xunto ao buque escola Juan Sebastián Elcano e ao buque anfibio Galicia, abertos todos eles ás visitas.

Tanto organizadores como o alcalde de Vigo e o presidente de Caixanova coincidiron en destacar o acerto da presencia destes buques na cidade. Ademáis hai que engadir que para rematar o día terá lugar o espectáculo pirotécnico de Bouzas que pecharán un día completo de actividades na cidade. Todos os actos previstos enmárcanse na celebración do Bicentenario da Reconquista.

Na relación de participantes desta edición, ademáis da Patrulla Águila, que conmemora o seu vixésimo quinto aniversario e que será a encargada de pechar o festival, destaca a presencia da escuadrilla civil de aeronaves lixeiras italianas Pioneer Team a patrulla francesa Breitling, a única patrulla civil no mundo con avións a reacción. Asimesmo, os helicópteros tamén terán cabida no festival da mán da Patrulla Aspa e os Rotores de Portugal.


Semana Cultural Aeronáutica
O presidente da Asociación Pablo González destacou que as actividades do Festival Aéreo non se limitan á jornada do 18 de xullo, sinón que nos días previos (15, 16 y 17) terá lugar a Semana Cultural Aeronáutica, na que se ofertarán exposicións, firma de posters da Patrulla Águila, simuladores de vóo e conferencias sobre "Seguridad en vuelo", entre outras.

Nesta décima edición hai novedades coma o concurso de fotografía Spotters FAV, que premiará as mejores series de imáxenes do certame e cuias bases poden consultarse na web www.festivalaereovigo.com.
Descargar todas as imaxes

Máis información