Escoitar

"IV Mostra de Arte Infantil"

Na Lonxa do Concello pódese ver máis de 100 obras finalistas do IV Certame da Mostra de Arte Infantil, posto en marcha pola Concellería de Educación. Trátase dunha exposición que permanecerá aberta ó público ate o vindeiro día 30, e que está composta por debuxos, pinturas, manualidades, fotografías e outras creacións feitas polos pequenos artistas da nosa cidade.

venres, 21 xuñ 2013
1371816718artelonxa.jpg
O sábado 22 coñeceremos aos gañadores e gañadoras das diferentes categorías nunha entrega de premios a realizar no Auditorio do Concello, e que contará coa presenza do Alcalde Abel Caballero, e o coordinador do programa, Mingos Teixeira. Tamén haberá música en directo da man da agrupación "Sax Angels Mayeusis" e diversión co paiaso Pebete.

Nesta cuarta edición do Certame participaron máis de 1.100 alumnos e alumnas de 37 colexios diferentes, configurándose deste xeito a Mostra de Arte Infantil como a gran festa da creatividade na nosa cidade
Descargar todas as imaxes