venres, 28 agosto 2026

O Goberno local investirá máis de 1,7 millóns de euros na renovación dos campos da Madroa e Samil

venres, 28 ago 2026

O Concello de Vigo impulsa novas actuacións de mellora nos campos de fútbol municipais da Madroa e Samil, cun investimento conxunto de 1.713.002 euros. A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación da reforma integral da grada do campo principal da Madroa, por 724.637 euros, e das obras de mellora do campo de fútbol de Samil, por 796.993 euros, ás que se suman outros 191.372 euros para renovar os peches do complexo polideportivo.

Caballero inaugura a XIX Festa do Marisco e convida a gozar “do mellor marisco do mundo”

venres, 28 ago 2026

Abel Caballero inaugurou este venres a XIX Festa do Marisco de Vigo, que se celebra durante oito xornadas, do 27 ao 30 de agosto e do 3 ao 6 de setembro. O alcalde convidou vigueses e visitantes a achegarse á cita gastronómica, que prevé reunir a máis de 50.000 persoas e que serve tamén para poñer en valor un sector estratéxico para a economía da cidade. “Esta é a festa do mellor marisco do mundo, porque todo o marisco que se está tomando aquí é de Vigo, é da ría de Vigo”, destacou Caballero durante o acto inaugural, no que animou a “toda Galicia” a participar nunha celebración que combina gastronomía e encontro social. O acto contou coa participación de representantes de ACOPEVI, Zona Franca de Vigo, Autoridade Portuaria e Xunta de Galicia, e tivo como pregoeira á actriz Arantxa Treus. “Viva a Festa do Marisco e viva Vigo”, concluíu o alcalde.