luns, 24 agosto 2026

Caballero participa na celebración de San Bartolomeu

luns, 24 ago 2026

O alcalde asistiu este luns á tradicional festa de San Bartolomeu, unha das celebracións máis singulares da cidade. O rexedor achegouse ata a capela do Monte Alba, onde ao longo da xornada se suceden as misas e numerosos asistentes cumpren coa tradición de pedir ao santo que lles “espante os medos” mediante os característicos golpes coa figura na cabeza. A celebración complétase coas tradicionais poxas nos arredores da capela e coa música tradicional, mantendo viva unha das costumes máis arraigadas do calendario festivo vigués.

O Concello destina 510.000 euros a apoiar 86 festas de Vigo

luns, 24 ago 2026

As axudas municipais respaldan durante todo o ano festas patronais e tradicionais, citas gastronómicas, culturais e musicais e actividades organizadas polo tecido asociativo. O alcalde reivindicou as festas como parte da cultura da cidade e asegurou que desde o goberno municipal “estamos apoiándoas como nunca se fixo na historia”.