mércores, 26 agosto 2026

Vigo pon en marcha mañá as novas ramplas mecánicas de Pintor Colmeiro

O Concello de Vigo porá en funcionamento mañá as catro novas ramplas mecánicas de Pintor Colmeiro, unha vez completado o período de probas, os últimos axustes e os informes de seguridade. A actuación, cun investimento de 2,5 millóns de euros, permite salvar unha pendente do 10% e completa o corredor mecánico entre López Mora e Hispanidade iniciado coa posta en marcha das ramplas de Pintor Lugrís.

Caballero felicita ao usuario do SAD, Vicente, polo seu 100 aniversario

mércores, 26 ago 2026

Abel Caballero achegouse ata a casa dun usuario so Servizo de Axuda a Domicilio para desexarlle un feliz aniversario. Vicente, con 100 anos, estivo acompañado pola súa fillo e máis familia. O alcalde e as concelleiras Yolanda Aguiar e Nuria Rodríguez asistiron á pequena celebración na que recibiu como agasallo un ramo de flores en nome da cidade.