O plan extraordinario de asfaltados suma 95 novas actuacións por 4,3 millóns
A Xunta de Goberno Local aprobará mañá a contratación das obras de renovación do aglomerado de 95 vías do casco urbano e das parroquias de Vigo, cun investimento total de 4.368.315,10 euros. Os traballos comezarán previsiblemente no mes de setembro e terán un prazo de execución de catro meses.
“Son 95 rúas que imos asfaltar, acerar e humanizar cun investimento de máis de 4,3 millóns de euros”, avanzou Abel Caballero. As actuacións forman parte da primeira fase do plan extraordinario de asfaltados, beirarrúas e humanizacións que o Concello está desenvolvendo en toda a cidade.
O lote Centro abrangue 40 vías e 2.520.091,49 euros de investimento. Inclúe actuacións en Gonzalo Torrente Ballester, Luis Braille, Menéndez Pelayo, Nazario González, Paraguai, Santander, Simón Bolívar, Zaragoza, Chile, Amor Ruibal, Camilo Veiga, Chano Piñeiro, Escultor Nogueira, Eugenio Arbones, Hernán Cortés, Isidoro Romero, José de la Peña, José Gómez Posada Curros, Mariña Mansa, Merlo, Núñez de Balboa, Núñez de Balboa-Suido, Papuxa, Perdiz, Reiseñor, Barrio Ribadavia, Tomás Delmiro Martínez Silva, Vilagarcía de Arousa, Umia, Camiño Carballa, 2ª Travesía Cordoeira, Martín Echegaray, Pizarro, Vázquez Varela, Barcelona, Ecuador, Estrada, Camiño Frián, Camiño Soutelán e Camiño Vicaría.
Nas parroquias, o Concello acometerá outras 55 actuacións, cun investimento conxunto de 1.848.223,61 euros. As obras desenvolveranse en Becerreira 1 e 2, Camiño Couso de Abaixo, Camiño Mancoña, Molais, Salgado, San Caetano, Xalón, Camiño Couto, Camiño Fonte da Barca, 2ª Travesía Madroa, Camiño Petón, Camiño Souto da Fonte Escura, Xenerosa, Barreiro, Brea, Baixada Capitán, Fontáns, Baixada Orxa, Penedos, Piñeiro, Ramón Leandro, Santa Cristina, Santeira, Tanque, Estrada Vella de Madrid, Cabalaría, Nova, Camiño Espiñeiro, Fonte das Mozas, Pedrosa, Poulo, 1ª Travesía Presa, Presa, Rúa Chabarras, Costa da Rúa, Camiño Monte, Camiño Norberto, Camiño Romeo, Camiño Sumata, Estrada Venda, Camiño Cemieiras, Camiño Centieira, Camiño Monte da Serra, Rúa Campos, Camiño Carapucha, Camiño Vello A Moo, Camiño Vilar, 2ª Travesía da Salgueira, Camiño Canotais, Camiño Igrexa, Ramal Camiño Igrexa, Estrada Portal, Estrada Souto e Estrada Valadares.
“Todas estas rúas forman parte do plan extraordinario de asfaltado, beirarrúas e humanización”, explicou o alcalde. O programa municipal prevé actuar nun total de 372 rúas de Vigo, con 300 actuacións de asfaltado e 72 humanizacións, que sumarán 109,5 quilómetros de intervención.
O investimento global previsto polo Concello ascende a 26.545.300 euros. Caballero lembrou que xa se contrataron arredor de 45 actuacións adicionais e que as novas 95 forman parte da seguinte fase dun programa que cualificou como “a maior actuación deste tipo que se fixo nunca na historia da cidade de Vigo”.