venres, 7 ago 2026
Abel Caballero anticipou “un dos grandes concertos da historia de Castrelos” e avanzou que a actuación do artista gaditano será “un éxito absoluto”. Abraham Mateo actuará esta noite, ás 22:00 horas, no Auditorio de Castrelos nunha das citas máis destacadas da programación musical do verán.
venres, 7 ago 2026
Abel Caballero valorou o cambio de postura da Deputación de Pontevedra, que se abre agora a participar no financiamento de novas conexións aéreas desde Vigo, e reclamou á Xunta de Galicia que confirme que achega un terzo do custo dos voos para repartir o investimento entre as tres administracións.
venres, 7 ago 2026
No marco do X Concurso Internacional de piano “Cidade de Vigo”, Abel Caballero participou este venres na presentación da iniciativa “Piano na rúa”, coa que calquera persoa que queira pode sentarse a interpretar algunha peza no piano de cola instalado na rúa do Príncipe, diante do Marco. “Queremos que a cidade veña durante esta semana a escoitar o piano, a vivir o piano no mellor sitio do mundo”. O certame congregará na cidade a 400 participantes de 77 países que amosarán a súa “excepcional calidade interpretativa”.
venres, 7 ago 2026
Abel Caballero denunciou hoxe a falta de atención pediátrica no centro de saúde de Lavadores en agosto pola falta de previsión do Sergas ao non cubrir as vacantes dos especialistas por vacacións de verán e baixa médica.