venres, 14 mar 2025
Abel Caballero confirmou esta mañá que a compositora albaceteña estará en Castrelos o 24 de xullo
venres, 14 mar 2025
O Concello segue traballando na procura de vivenda accesible como as 200 previstas en Santa Cristina. O alcalde anunciou esta mañá que xa comezou a tramitación urbanística dun ámbito que incluirá zonas verdes e unha praza pública.
venres, 14 mar 2025
O alcalde anunciou a apertura, mañá sábado 15 de marzo, de VigoNature, despois de catro meses e medio de obras para avanzar na transformación do antigo zoolóxico nun Centro de Divulgación Ambiental de vangarda que conta cunha vocación substancialmente didáctica e de lecer.
venres, 14 mar 2025
O alcalde presentou este venres, coa concelleira de Educación, do escritor Antonio García Teijeiro e o músico Alberto Cunha, o programa didáctico “Vigo, entre notas e versos” co que o Concello conmemorará a semana que vén o Día Internacional da Poesía.
venres, 14 mar 2025
Abel Caballero e a tenente de Alcalde, Carmela Silva, achegáronse este venres á xornada “O Pazo de Castrelos, unha experiencia práctica na xestión e restauración de xardíns históricos” onde expertos debatían hoxe sobre os valores botánicos e a recuperación do espazo.
venres, 14 mar 2025
Jose Manuel Martínez, CEO de Bimba y Lola e Belén Montenegro, HR director, trasladáronlle ao rexedor a súa satisfacción polo novo emprazamento da súa sede na cidade e agradeceron o apoio do Concello no traslado a estas instalacións. O alcalde puxo en valor a "magnífica" proposta de acción de cooperación cultural que fixeron e transmitiulles "o agrado" pola súa actividade. "Son unha empresa de Vigo e entenden que o ámbito cultural é parte central de identificación de empresa e cidade", recoñecendo que estas accións supoñen "traballar en favor da cidade, algo que merece o noso recoñecemento".
venres, 14 mar 2025
O alcalde destaca o programa municipal de axuda ao deporte, tanto de base como de escolas deportivas e de elite, co que destina 415.000 euros a varias entidades ás que recibiu este venres no Concello. Tal e como explicou, neste 2025 o Club Deportivo Bosco recibirá 170.000 euros, o Coruxo Club de Fútbol recibirá 160.000 euros, o Club Vigo Voleibol 60.000 euros, 5.000 máis que en 2024; e o Club Ciclista Rías Baixas percibirá 25.000 euros, 5.000 máis que o ano pasado.
venres, 14 mar 2025
O alcalde animou hoxe ás 43 alumnas e alumnos de quinto e sexto de Primaria do CEIP A Doblada, que participan no programa educativo municipal "Aventura no Vigo Vello. Reconquista 2025", a achegarse ao coñecemento da historia dunha das xestas máis importantes da cidade gozando da xornada didáctica guiada polos actores que interpretan ao alcalde Vázquez Varela, ao soldado francés Pierre da Pierre e a taberneira Xoana Rial. Preto de 1.000 escolares participan nas 20 visitas didácticas programadas polo Concello con outros tanto colexios para aumentar o coñecemento da Reconquista de Vigo e dos principais escenarios onde se sucedeu a recuperación da cidade polos vigueses do dominio napoleónico.