Escoitar

O alcalde destaca o carácter pionero de "Vigo, entre notas e versos" programado no Auditorio Municipal

O alcalde presentou este venres, coa concelleira de Educación, do escritor Antonio García Teijeiro e o músico Alberto Cunha, o programa didáctico “Vigo, entre notas e versos” co que o Concello conmemorará a semana que vén o Día Internacional da Poesía.

venres, 14 mar 2025

O Auditorio Municipal será escenario, os próximos 18, 19 e 20 de marzo, dos seis encontros didácticos programados polo Concello dentro do programa “Vigo, entre notas e versos”, que estarán dirixidos por Antonio García Teijeiro e Alberto Cunha.

A actividade estará protagonizada polo alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria, así como de primeiro e segundo de Educación Secundaria, de centros vigueses.

O alcalde incidiu en que con esta iniciativa educativa “queremos que a xente nova se familiarice coa escritura, a poesía, a transmisión de emocións e coa palabra e a música”, e no carácter pioneiro “e entretido” do programa.

Autores

Alberto Cunha explicou que realizaron unha selección de autores clásicos para axuntar música e poesía, “que debe chegar a todo o alumnado”, e que inclúen desde García Lorca a Rosalía de Castro e a Antonio García Teijeiro.

O escritor galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil expresou a súa satisfacción porque o Concello acolla o proxecto “porque a poesía e a música están vinculadas e porque moitos amantes da poesía e da literatura afondaron nelas a través da música e dos cantautores".

García Teijeiro defendeu “que as nenas e os nenos precisan que a poesía entre nas súas vidas e creo as interpretacións de Alberto e do seu irmán Andrés poden ser unhas sesións moi fermosas e absolutamente necesarias”.

Descargar todas as imaxes