O CEIP Chans Bembrive visita as dependencias municipais no programa "Visita o teu Concello"
O alcalde saudou este xoves, na lonxa do Concello, aos 30 alumnos de sexto de primaria do CEIP Chans Bembrive que participan na visita guiada ás principais instalacións municipais dentro do programa didáctico "Visita o teu Concello". Abel Caballero trasladou ao estudantado a importancia do Concello na calidade de vida da cidadanía, así como na planificación de proxectos futuros que melloran a contorna urbana. Máis de 2.500 estudantes de 50 colexios participan no programa neste curso.
