O alcalde celebra os datos de pasaxeiros do aeroporto de Vigo en febreiro
Abel Caballero pon de manifesto que “os datos amosan a potencia do aeroporto de Vigo”.

O rexedor valorou os datos do aeroporto de Vigo no mes de febreiro, “que amosan a enorme potencia” que ten a terminal. As cifras mantéñense con respecto ao ano anterior. Caballero explicou que “hai unha lixeira baixada” porque o 2024 foi ano bisesto, polo que febreiro tivo 29 días, amais de que o Entroido celebrouse o ano pasado tamén neste mes “polo que o aeroporto de Vigo medra incluso nun mes de febreiro”.