Rozalén é a sexta actuación confirmada do “Vigo en Festas 2025”
Abel Caballero confirmou esta mañá que a compositora albaceteña estará en Castrelos o 24 de xullo

“É unha das voces máis destacadas do pop e a canción de autor en español”, explicou o alcalde, anunciando o concerto de Rozalén para o vindeiro 24 de xullo. Trátase da sexta confirmación do cartel estival de Castrelos tras Ana Belén, Gente de Zona, Vanesa Martín, a ópera La Traviata e India Martínez.
Como explicou Caballero, Rozalén traerá a Vigo o seu último disco “El Abrazo”, unha proposta que fusiona melodías pop con toques da tradición musical española e latinoamericana. En cada concerto de esta xira, a artista reafirma o seu compromiso coa inclusión social, interpretando as súas cancións en directo en linguaxe de signos.
Rozalén destaca polos seus himnos máis populares como “La Puerta Violeta”, “Vivir” ou “Girasoles”, co que alcanzou o número 1 da lista de ventas española en 2017. Entre os galardóns que acumula, no 2021 recibiu o Premio Nacional das Músicas Actuais 2021, por parte do Ministerio de Cultura e Deporte.
Con esta xa son seis as confirmacións da programación de verán en Castrelos:
- Ana Belén – 12 de xullo
- Gente de Zona – 17 de xullo
- Rozalén – 24 de xullo
- Vanesa Martín – 31 de xullo
- Ópera La Traviata – 1 agosto
- India Martínez – 16 de agosto