xoves, 10 novembro 2022

O alcalde eloxia a "excelencia" da gastronomía de Vigo na VIII Edición do Petisquiño

xoves, 10 nov 2022

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da VIII concurso do Petisquiño no restaurante o Templo de Sensei. Esta nova edición realizarase dende o 10 ata o 27 do mes de novembro. Desvelarase o 29 de novembro as 5 tapas que pasarán á final, para disputarse o premio á mellor tapa de 2022, nun evento único que terá lugar o 1 de decembro, onde se elaborarán in situ e ante un xurado profesional as propostas presentadas para determinar cal será a composición gañadora desta edición. Abel Caballero sinalou que "esta é a cultura da gastronomía" na que "Vigo alcanza a excelencia grazas a súa hostalería".

Abel Caballero visita o novo patio cuberto do CEIP Canicouva

xoves, 10 nov 2022

Esta mañá o rexedor, xunto a profesores e equipo directivo, puido observar de primeira man o funcionamento desta obra executada polo Concello de Vigo no CEIP Canicouva. Nesta visita tamén aproveitou para recoller as iniciativas que lle transmitiron os máis cativos, explicándolles "a importancia de estudar" para o seu futuro.

O alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán coñeceron as instalacións de Praza do Rei a través de “Visita o teu Concello”

xoves, 10 nov 2022

O alcalde recibiu no Salón de Plenos a un grupo de escolares de 6º curso de Educación Primaria que participan no programa "Visita o teu Concello" a través do cal se achegan ás instalacións municipais e ao labor do Concello na cidade. Nenas e nenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle a Abel Caballero polas tarefas que desenvolve no seu día a día, así como por algúns dos proxectos municipais. Ademais, os rapaces e rapazas achegáronlle o rexedor un listado de propostas para mellorar a cidade.