Escoitar

O BOP publica a modificación orzamentaria de 5,2 millóns para bolsas de libros

O Concello continúa coa tramitación da axudas de libros aos que adicará 5,2 millóns de euros 25.850 estudantes de Primaria e Secundaria. Unha vez rematada a tramitación da modificación orzamentaria, a Xunta de Goberno aprobará as bases da convocatoria e, en breve, se abrirá o prazo de solicitude dunha achega de 205 euros por alumno.

mércores, 9 nov 2022

Abel Caballero deu conta esta mañá da publicación no BOP da aprobación definitiva da modificación orzamentaria para achegas a familias con fillos e fillas escolarizadas en Primaria e Secundaria. O Concello adicará 5,2 millóns para axudar ás familias a sufragar gastos de compra de libros e material escolar. Tal e como explicou, o expediente non recibiu alegacións polo que xa rematou a tramitación da modificación orzamentaria. A partir de agora, explicou, as bases da convocatoria aprobaranse en Xunta de Goberno e, posteriormente, se abrirá o prazo de solicitude destas achegas.

A cidade ten matriculados no ensino obrigatorio a 25.850 estudantes e cada un deles recibirá 205 euros. En rolda de prensa, Caballero lamentou que a Xunta non implemente unha achega similar na cidade.

 

Descargar todas as imaxes