Escoitar

Abel Caballero pon de manifesto “o modelo de política total” que transformou Vigo

O alcalde participou nos almorzos de Nova Economía Fórum en Madrid, onde situou a Vigo como referencia turística, que prevé 750 millóns de euros de retorno no Nadal, un modelo urbano co programa Vigo Vertical e a vivenda como eixo central do novo PXOM e a cidade onde a mocidade ten a oportunidade de estudar no estranxeiro para aprender inglés.

martes, 8 nov 2022

Abel Caballero participou nos almorzos informativos de Nova Economía Fórum en Madrid, onde expuxo ante autoridades e empresas “o modelo de política total” que transformou Vigo.

O alcalde fixo referencia ao Nadal de Vigo, que prevé un impacto económico de ao redor de 750 millóns de euros. Caballero defendeu que o Concello aforrará un 15% de enerxía coa redución do horario do alumeado de unha hora. “ Isto significa ser unha gran potencia turística, nunha cidade que tiña 0 turismo nestas datas e agora sobrepasamos os 3 millóns de visitantes”, cifrou no encontro.

Caballero fixo fincapé nos cambios na cidade: “Aprendemos moito coa pandemia, pero algúns xa levamos traballando nos espazos peonís, semipeonís, cidades verdes e espazos para as persoas 13 anos. Algúns criticaban o que facíamos, dicían que facíamos beirarrúas polas que caben os coches. Pois ese é o noso modelo”. Ao mesmo tempo reivindicou o proxecto “Vigo Vertical”, con ramplas, ascensores e escaleiras mecánicas “que son un espazo amigable e unha forma de transporte distinta nunha cidade na montaña como é Vigo”.

“Vigo é un modelo de formación”, reivindicou o alcalde, que manifestou “querer ser unha cidade que fale español, galego e ingles”. Con isto, trasladou desde a tribuna aos asistentes que Vigo envían a centos de rapaces e rapazas a aprender inglés a Reino Unido e Irlanda becados polo Concello: “Cando cheguei á Alcaldía ían estudar inglés os fillos e fillas dos donos das fábricas. Agora vai todo o que o pida”. Subliñou a importancias das Escolas Municipais Infantís gratuítas de 0 a 3 anos, a potenciación da Universidade de Vigo e a chegada da UNED durante o seu mandato.

A vivenda é o eixo central do novo PXOM de Vigo: “Hai unha necesidade imperiosa de vivenda protexida. Mudamos o modelo urbanístico, liberándoo da especulación”, subliñou. Tamén reivindicou outros proxectos como a economía circular, a xestión da auga (coa nova depuradora e potabilizadora), a limpeza e o servizo do lixo.

Para Caballero o deporte “é unha cultura de vida” e subliñou a importancia de darlle atención a esta área e dotarlle de instalacións. “Quero agradecerlle á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, porque estamos a facer o mellor campo de fútbol do mundo, é en Vigo, o novo Balaídos, que queremos que sexa sede no Mundial 2030”.

Aproveitando a presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o Delegado Especial do Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades, o alcalde quixo poñer de manifesto o apoio de ambas institucións, ás que sumou agora mesmo ao Goberno de España.

Caballero exemplificou o seu modelo na importancia da colaboración público-privada: “Encargamos todas as cuestiones ás empresas. Empresas que saben facer as cousas. O modelo do público levando a cidade co privado facendo o seu traballo. É eficiente e é o século XXI”

Un modelo de cidade “que apoia o 90% da cidade, porque está involucrada, lanza proxectos e pídenos liderar xunto a eles”, concluíu.

Descargar todas as imaxes