Escoitar

O MARCO celebra 20 anos nunha fin de semana chea de actividades

O punto de partida será este xoves coa inauguración da exposición PROCESSI 148 – Artistas e investigadores en residencia na Real Academia de España en Roma. O sábado ás 13 hora haberá unha presentación do catálogo da mostra de Francisco Leiro na planta baixa do MARCO.

mércores, 9 nov 2022

Abel Caballero celebrou o vixésimo aniversario do MARCO co anuncio de actividades ao longo de fin de semana: obradoiros para toda a familia, lecturas e performance, entre outras accións.

Para comezar, o alcalde anunciou que mañá será o punto de partida coa inauguración da exposición PROCESSI 148 – Artistas e investigadores en residencia na Real Academia de España en Roma. Trátase de 21 artistas con obra que abarca desde a arte figurativa á tecnoloxía multimedia, incluíndo fotografía, danza, cine, novela gráfica, moda e gastronomía.

O venres ás 20 horas Xoel Gómez López fará a performance “Carne: transitando o eu, 2022”. O sábado ás 13 horas haberá unha presentación do catálogo da exposición de Francisco Leiro que pódese visitar na planta baixa do MARCO “O antropomórfico, 1986-2022”. O mesmo día ás 19:30 horas haberá lecturas en torno á obra do artista.

Para o sábado tamén pódese participar ás 11 horas no obradoiro de arte pública “A cidade como campo de xogo”, conducido por Lucía Romaní, organizado pola Asociación de Amigos do MARCO, pensado para estudantes, docentes e persoas interesadas nas relacións arte-espazo público. Para os máis pequenos haberá obradoiros infantís ao cargo da artista Laura Cid e María Xosé Martínez.

O domingo o MARCO pechará a semana con visitas guiadas á exposición de Francisco Leiro e Future Stories, explicou o rexedor.

Abel Caballero cualificou ao museo contemporáneo vigués “como o mellor despois do Reina Sofía e moi por encima do resto en Galicia”.

Descargar todas as imaxes