O alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán coñeceron as instalacións de Praza do Rei a través de “Visita o teu Concello”
O alcalde recibiu no Salón de Plenos a un grupo de escolares de 6º curso de Educación Primaria que participan no programa "Visita o teu Concello" a través do cal se achegan ás instalacións municipais e ao labor do Concello na cidade. Nenas e nenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle a Abel Caballero polas tarefas que desenvolve no seu día a día, así como por algúns dos proxectos municipais. Ademais, os rapaces e rapazas achegáronlle o rexedor un listado de propostas para mellorar a cidade.
