mércores, 11 mai 2022
O alcalde anunciou en rolda de prensa que a cidade recibiu da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) os 11 distintivos solicitados, un máis que o ano pasado ao sumarse o areal de Santa Baia en Alcabre.
mércores, 11 mai 2022
A rehabilitación do Barrio do Cura avanza co cambio de titularidade de parcelas dese ámbito que pasan a ser municipais, tal e como recolle o proxecto de compensación. Trátase dun paso máis na recuperación dunha zona histórica no centro da cidade, salientou Abel Caballero.
mércores, 11 mai 2022
O alcalde anunciou novos xogos para o ocio dos nenos e nenas dos colexios de infantil e primaria de Vigo. En rolda de prensa manifestou que "é necesario repoñer e aumentar o número de xoguetes". Caballero lamentou que esta acción, a cal adica 17.000 euros o Concello, é competencia da Xunta de Galicia, pero "que non está para a cuestión", lamentou.
mércores, 11 mai 2022
O alcalde apoiará, coa sua presenza na manifestación, ás Plataformas en defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo que convocan á cidadanía o xoves 12 de maio ás 20 horas no PAC de Vigo na rúa Pizarro baixo o lema “Salvemos a Atención Primaria. Recuperemos a Sanidade Pública”.
mércores, 11 mai 2022
Abel Caballero visitou aos alumnos e alumnas do IES de A Guía, que lograron o recoñecemento ao "Mellor empresario virtual de España". O alcalde felicitou aos galardoados, Iria Piñeiro, Ismael Martínez, Jorge Fernández e Sara Gómez , despois de enfrontarse a máis de 200 universitarios e estudantes de Ciclo Superior de diferentes partes do país. Gañaron o 1º premio e o 5º tamén foi acadar en mans do alumnado do IES de A Guía. Na final demostraron as súas habilidades e talento empresarial ao ter que dirixir unha empresa automobilística a través dun sofisticado simulador empresarial.
mércores, 11 mai 2022
O Auditorio Municipal convértese no centro teatral para nenos e nenas de Educación Primaria e grupos da Escola Municipal de Teatro de Vigo. O 11 e 12 de maio preséntase 7 pezas teatrais. Abel Caballero saudou aos participantes e louvou a capacidade artística dos máis pequenos e pequenas, ademais de por en valor a actividade que leva a cabo a Escola de Teatro Municipal.