Vigo preséntase como plató de cine a unha trintena de produtoras americanas
O alcalde avanzou que a Vigo Film Office participará mañá mércores no Shooting In Spain Focus on USA, evento organizado por la Spain Film Commission e o ICEX. Sevilla reunirá ás principais produtoras de cine de Estados Unidos ante as que Vigo terá a oportunidade de expoñer as súas posibilidades como plató de cine.
A Vigo Film Office participará mañá mércores 11 de maio no evento Shooting in Spain Focus on USA, que reúne en Sevilla a unha trintena dos principais produtores de cine de Estados Unidos para amosarlles as diversas posibilidades que ofrece a cidade como plató de cine. Este encontro está organizado pola Spain Film Commission -da que Vigo Film Office é socia desde o pasado mes de marzo- xunto co ICEX e pretende mostrar ao mercado estadounidense a diversidade do noso país, as súas fortalezas e oportunidades, e promover as rodaxes no noso territorio.
Vigo centrará a súa presentación en mostrar a enorme variedade de localizacións que ofrece a cidade, dende a impoñente Ría ata as Illas Cíes, pasando por unha cidade chea de vida con numerosos exemplos de arquitectura de diferentes épocas e a personalidade da industria naval en Galicia, en contraste cun contorno cheo de fermosas paisaxes e interesantes zonas rurais. Tamén destacarán as facilidades que ofrece o Concello de Vigo ás produtoras na xestión dos permisos de rodaxe así como outras necesidades das produtoras.
Ademais, porán en valor a experiencia acumulada nos últimos anos, nos que a cidade acolleu a rodaxe de grandes directores como Fernando León, Vicente Aranda ou Kike Maíllo e as principais plataformas: Netflix, HBO e Amazon Prime Video e demostraron a súa enorme versatilidade, e demostraron a súa enorme versatilidade. podendo converterse en escenarios tan variados como o París dos anos 40 (“Un home de acción”) ata a guerra de Siria (“Unidade”).