Escoitar

O alcalde, “moi esperanzado” logo da conversa coa ministra de Ciencia sobre o Oceanográfico de Vigo

Segundo revelou este martes en rolda de prensa, Abel Caballero a Diana Morant mantiveron unha charla sobre o Centro Oceanográfico de Vigo e a descentralización das sedes do Instituto Español de Oceanografía. “Imos agardar acontecementos”, expuxo o rexedor vigués, “pero despois desa conversación saio moi esperanzado polo que a ministra me transmitiu”.

martes, 10 mai 2022
Abel Caballero, este martes en rolda de prensa na Alcaldía.
Abel Caballero, este martes en rolda de prensa na Alcaldía.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a titular da carteira de Ciencia e Innovación, Diana Morant, mantiveron unha conversa sobre o Centro Oceanográfico de Vigo da que o primeiro edil vigués adiantou que “saio moi esperanzado”. Semanas atrás, Caballero reclamara o papel que lle corresponde á sede viguesa no proceso de descentralización que vén de iniciar o Instituto Español de Oceanografía. En particular, o alcalde demandara que a sede de coordinación estatal do IEO recaera no centro de Vigo.

En rolda de prensa, Caballero referiuse a unha conversación con Morant da que, sen adiantar detalles, si trasladou o seu optimismo: “Imos agardar os acontecementos e os feitos, pero na conversa coa ministra cobrei a esperanza en relación ao Oceanográfico de Vigo”.

Descargar todas as imaxes