xoves, 12 mai 2022
O goberno local aprobou este xoves as bases das axudas municipais de comedor, libros e material escolar para o próximo curso. Con respecto á anterior convocatoria, Vigo amplía un 2,5% o tope de ingresos familiares para optar ás mesmas, manifestou Caballero. O alcalde cifrou en dous millóns a asignación para bolsas de comedor, libros e material escolar.
xoves, 12 mai 2022
Acompañado polo edil de Educación, Abel Caballero visitou este xoves o centro de Infantil e Primaria, onde o goberno de Vigo xa realizara obras no comedor escolar. Con estes 50.615 euros, o Concello afrontou “obras singularmente importantes”, como a reparación do patio, o acondicionamento da pista polideportiva, a adecuación da fachada e a renovación dos xogos infantís da zona exterior.
xoves, 12 mai 2022
O alcalde sumarase este xoves á mobilización convocada en defensa da sanidade pública que parte desde o PAC de Pizarro ás 20 horas, co lema “Salvemos a Atención Primaria. Recuperemos a sanidade pública”. Caballero apoia a concentración e reclamar melloras na Primaria e no Álvaro Cunqueiro, “máis persoal sanitario e de asistencia”.
xoves, 12 mai 2022
Vigo revalida os 3 sendeiros con Bandeira Azul no ano 2022. Son o Camiño a Beiramar, a Senda entre os Faros nas Illas Cíes e a Senda Litoral e do Monte da Guía. Onte confirmouse tamén a Bandeira Azul para 11 praias, coa incorporación de Santa Baia en Alcabre. Unha das condicións para obter este distintivo é ter servizo de socorrismo. Abel Caballero visitará esta tarde aos alumnos do curso ofertado polo Concello por segundo ano consecutivo. Son 13 alumnos que reciben unha formación teórica de 70 horas que inclúe contidos e avaliacións de prevención e vixilancia, rescate acuático e primeiros auxilios.
xoves, 12 mai 2022
O alcalde presentou este xoves en rolda de prensa a Carreira Praia de Samil Fe Seguros-II Memorial Alfonso Varela que se celebra o Día das Letras Galegas en Samil, cun percorrido íntegro pola area, para tódalas idades e con festa final para toda a familia.
xoves, 12 mai 2022
O alcalde animou aos nenos e nenas a seguir co teatro para obter novas aptitudes. O mércores 11 e xoves 12 o Auditorio Municipal acolleu as XII Xornadas Municipais de Teatro Escolar. Participaron 5 centros de educación primaria da cidade e dous grupos da Escola Municipal de Teatro de Vigo con 7 pezas teatrais nas que participaron 550 alumnos e alumnas.
xoves, 12 mai 2022
O alcalde desexou boa viaxe aos alumnos e alumnas do CEP Dr. Fleming que sucaron a ría ao bordo do Nautilus dentro do programa municipal "Unha xanela aberta á ría de Vigo". Desde que comezou a actividade pasaron polo barco case 800 mozos e mozas dos colexios da cidade. Na proposta, de aproximadamente unha hora de duración e a través de monitores especializados e con imaxes a tempo real, se mostra aos estudantes a riqueza da ría, a dinámica do plancto, o cultivo do mexillón e a fauna que habita no fondo da ría.