O alcalde louva ao alumnado e profesorado do IES A Guía logo do galardón nun proxecto de comercio
Abel Caballero visitou aos alumnos e alumnas do IES de A Guía, que lograron o recoñecemento ao "Mellor empresario virtual de España". O alcalde felicitou aos galardoados, Iria Piñeiro, Ismael Martínez, Jorge Fernández e Sara Gómez , despois de enfrontarse a máis de 200 universitarios e estudantes de Ciclo Superior de diferentes partes do país. Gañaron o 1º premio e o 5º tamén foi acadar en mans do alumnado do IES de A Guía. Na final demostraron as súas habilidades e talento empresarial ao ter que dirixir unha empresa automobilística a través dun sofisticado simulador empresarial.



