Escoitar

Os túneles de Beiramar e Areal pecharán de madrugada por mor das obras

O peche será entre as 22:30 e as 5:30 da mañá os días 11 e 12 de maio con motivo da proba de fume.

martes, 10 mai 2022

O Concello comezará as obras de mellora da seguridade dos túneles de Beiramar e Areal para adaptalos á normativa europea. O goberno local investirá nesta actuación 1,5 millóns de euros.

Os traballos comezarán a noite de 11 de maio. O peche dos túneles será as 23:30 horas ata as 5:30 horas da madrugada. O día 12 tamén haberá peche no mesmo horario. A obra comeza cunha proba de detección de fume co xeito de comprobar o rendemento do actual sistema de ventilación tanto lonxitudinais como transversais.

Abel Caballero cualificou a actuación de “importantísima” e numerou as accións que desenvolverase os próximos seis meses ata que remate a obra: “os traballos previstos contemplan mellorar a iluminación, renovar o cableado para adecualo á protección contra incendios, ampliar as luces de emerxencia e instalar novos cadros eléctricos e detectores de gases de monóxido de carbono e de nitróxeno. O Concello de Vigo tamén cambiará os armarios SOS de atención en caso de emerxencia ao longo do quilómetro e medio no que se actuará. O túnel de Beiramar disporá de novos sistemas de megafonía, paneis de mensaxería, cartelaría informativa para evacuacións e un novo software para o control e vixilancia do paso soterrado”

Descargar todas as imaxes