martes, 15 mai 2018
O alcalde de Vigo destacou este martes os informes do departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia sobre os proxectos para a Alameda de Bouzas e Porta do Sol fronte ao de Gran Vía. "Para unha obra de 10 metros cadrados piden todo tipo de información e non deciden; para a Gran Vía non piden nada e paralizan".
martes, 15 mai 2018
Tras unha reunión este martes co colectivo, Abel Caballero denunciou que a Xunta de Galicia lles obriga a facer traballos de limpeza que non lles corresponde e pode significar descoidar as funcións sanitarias que lle son propias. As profesionais "queren manter a calidade asistencial, teñen o meu apoio", concluíu o rexedor.
martes, 15 mai 2018
Abel Caballero reclama que as obras na ponte se executen nos momentos de menos tráfico, informar dos cortes á cidadanía e aos usuarios da AP9 á entrada da autoestrada e, por último, que non se cobren as peaxes se se producen atascos. O rexedor traslada a súa demanda a Fomento, Xunta e concesionaria ante os problemas "intolerables" acontecidos en Rande.
martes, 15 mai 2018
"O 90% dos visitantes utiliza as novas tecnoloxías, por iso é esencial ofrecerlles aplicacións como esta", afirma Caballero.<br />
martes, 15 mai 2018
O goberno de Vigo respalda a segunda edición da cita, presentada hoxe martes xunto á cónsul de Arxentina en Vigo e a súa directora e subdirectora. O auditorio de Teis acollerá o Festival o 19 de maio ás 19 horas, con artistas "de renome internacional" e entrada de balde ata completar aforo.
martes, 15 mai 2018
Por primeira vez, Mostrarte alberga unha exposición de ilustracións, unha disciplina artísticas que goza de moi boa saúde xa que pasou de ser un mero complemento dun texto a ter unha forza expresiva á altura de calquera outra rama artística consolidada.Durante a inauguración, o alcalde felicitou aos seis artistas que estes días exhibirán as súas obras en dependencias da Alcaldía.