A Alcaldía exhibe a creatividade de seis ilustradores nunha nova edición de Mostrarte
Por primeira vez, Mostrarte alberga unha exposición de ilustracións, unha disciplina artísticas que goza de moi boa saúde xa que pasou de ser un mero complemento dun texto a ter unha forza expresiva á altura de calquera outra rama artística consolidada.Durante a inauguración, o alcalde felicitou aos seis artistas que estes días exhibirán as súas obras en dependencias da Alcaldía.
Lara Lars, Ana Seoane, Ainoa Simons, Juddy, Héctor Pichel e Cestola na cachola son os artistas que estes días exhibirán as súas obras en dependencias de Alcaldía, nunha exposición que pretende ser unha homenaxe a unha das disciplinas que artísticas que goza de mellor saúde, por produción e por visibilidade: a ilustración. Trátase dun movemento creativo que foi evolucionando desde ser un mero complemento dun texto a ter hoxe en día unha forza expresiva propia, á altura de calquera outra forma artística consolidada.
Descargar todas as imaxes