Caballero: "A Xunta pediu informes, deseño e documentación para o palco de Bouzas; para o proxecto da Gran Vía non piden nada e paralizan"
O alcalde de Vigo destacou este martes os informes do departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia sobre os proxectos para a Alameda de Bouzas e Porta do Sol fronte ao de Gran Vía. "Para unha obra de 10 metros cadrados piden todo tipo de información e non deciden; para a Gran Vía non piden nada e paralizan".
Abel Caballero comparou este martes, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación, os informes da Xunta de Galicia sobre tres proxectos que están en marcha na cidade. O alcalde destacou que para reformar o palco da Alameda de Bouzas e para facer peonil a Porta do Sol piden todo tipo de documentación sen tomar decisións, pero no caso da Gran Vía non requiren ningunha información e unicamente paralizan.
"Os informes de Porta do Sol e da Alameda de Bouzas, que aínda chegaron hoxe, piden que o proxecto de intervención ten que recoller documentación, deseño, especificacións técnicas. Para esta obra do palco, de 10 metros cadrados, requiren toda esta información e aínda así non toman ningunha decisión", sinalou o rexedor.
Caballero explicou que tamén en Porta do Sol, no referente ao proxecto de humanización, o informe sinala que o Concello de Vigo debe presentar información adicional. "Para Gran Vía non piden ningunha información nin detalle, so paralizan, é un escándalo político, pero nin así o van a parar", engadiu.
O alcalde insistiu en que a obra se vai a facer nos tres tramos centrais do bulevard. "Imos a poñer o dobre de árbores, máis vexetación, vai a ser utilizada polos cidadán, vai a ser unha mostra da unión da tradición coa modernidade", explicou.
Abel Caballero sinalou que a parte técnica do informe de Patrimonio da Xunta que ordena paralizar o proxecto de Gran Vía "non menciona incompatibilidade algunha co contorno". Na súa opinión, rematada a exposición técnica, a conclusión do informe trátase "dunha imposición política do PP contra esta cidade".