Escoitar

A Airef asegura que Vigo cumpre con todos os criterios de solvencia financeira nos anos 2017 e 2018

O Concello de Vigo ten unha xestión económica exemplar, segundo se desprende do informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef). Esta entidade "da luz verde e felicita a Vigo" mentres que observa riscos nalgúns outros concellos que non van ser capaces de cumprir requisitos.

luns, 14 mai 2018
O alcalde deu conta esta mañá do informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef) que determina que Vigo é un concello "exemplar", unha vez analizada a súa situación económica. Tal e como figura no informe, Vigo cumpre todos os criterios de solvencia financeira en 2017 e 2018. Ao tempo que ten a presión fiscal máis baixa de Galicia, Vigo cumpriu co obxectivo de estabilidade, coa regra de gasto, ademais de non ter endebedamento, situación que se vai manter en 2018.