Escoitar

O alcalde de Vigo anima á participación na 13º edición da Carreira Feminina El Corte Inglés

Abel Caballero felicitou esta mañá aos organizadores da Carreira Feminina El Corte Inglés porque este evento mistura a reivindicación de vida saudable e a defensa da igualdade. Na presentación, animou a todas as mulleres a participar "nunha festa" que considerou parte da mobilización cidadá que reclama os dereitos das mulleres.

venres, 11 mai 2018
1526042865CarreiraFeminina_01.JPG
O alcalde animou a todas ás mulleres de todas as idades a formar parte o próximo domingo 3 de xuño ca 13º edición da Carreira Feminina El Corte Inglés. A saída será ás 11,00 h, en Gran Vía -zona de El Corte Inglés- pero a cita deportiva comeza ás 10,30 h con música para que as participantes poidan ir quentando para a percorrer os 5 quilómetros da carreira. O itinerario seguirá por Urzáiz, Colón, García Barbón, Isaac Peral, Plaza Compostela, García Olloqui, Montero Ríos, Concepción Arenal e a meta será nas Avenidas, onde haberá unha festa para proceder á entrega de premios.

O prazo de inscrición remata o 31 de maio (non se aceptarán incorporacións o día da carreira) e o prezo é de 6 euros no propio Corte Inglés ou de 7 se se fai por internet en www.carrerafemeninadevigo.com.

Este ano organización doará unha parte da recadación á Asociación Bicos de Papel polo que a súa presidenta, Natalia Dieste, estivo na presentación, xunto con Pati Blanco, director de Comunicación e Relacións Institucionais. Na rolda de prensa tamén estiveron presentes, como directores técnicos da proba, Javier Álvarez Salgado e Loli García.
Descargar todas as imaxes