martes, 8 maio 2018

Little Steven actuará no Auditorio de Castrelos

martes, 8 mai 2018

O alcalde anunciou unha nova actuación para as festas do vindeiro verán. Será Little Steven, mano dereita de Bruce Springsteen e membro do selecto clube de artistas lendarios que foron incluídos no Rock’n’Roll Hall of Fame. O concerto será o 12 de xullo e gratuíto.

O alcalde chama a constituir un "gran pacto social" na Unión Europea

martes, 8 mai 2018

Abel Caballero participou nos actos organizados este martes pola Axencia Europea de Control da Pesca para celebrar o Día de Europa. Na súa intervención, indicou que "o mellor para Europa todavía está por chegar" e reclamou retomar o "gran pacto social" para que ninguén se sinta alonxado do proxecto común europeo.