Escoitar

O alcalde anima a participar o domingo na Holi Life, a única en Galicia

Abel Caballero presentou este luns esta cita lúdico deportiva xunto a Noemí Latorre, organizadora da Holi Life (anteriormente a Holi Run), que se celebra este domingo en Samil, "un dos grandes eventos" que acolle a cidade, en verbas do rexedor, que agarda acoller a máis de 12.000 participantes.

luns, 7 mai 2018
1525696609HoliLife.JPG
A quinta edición da Holi Life celebrarase este domingo, 13 de maio, en Samil, xunto ás instalacións deportivas municipais. Esta proba non competitiva, anteriormente coñecida como Holi Run, é a única que se celebra en Galicia e foi presentada este luns no Concello polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a organizadora, Noemí Latorre.

A cita ofrece cinco quilómetros de percorrido con puntos de cor cada mil metros e moita animación con toneladas de pos de cores. A proba está pensada para todos os públicos, pode facerse correndo ou camiñando pois o divertimento dos asistentes é o principal obxectivo.

A participación en Vigo, segundo subliñou Latorre, vén crecendo cada ano, chegando no 2017 aos 12.500 participantes, cifra que nesta quinta edición prevé igualarse ou incluso superarse. As inscripcións poden facerse na web da Holi Life e a entrega de dorsais terá lugar o venres e sábado, de 11 a 19 horas, no centro comercial Praza Elíptica, incluindo os pos de cores e unha camiseta.
Descargar todas as imaxes