O Concello de Vigo pon en marcha unha campaña de sensibilización contra os incendios
Limpeza do monte, construción do novo anel verde de defensa da cidade e campaña de sensibilización entre os máis pequenos. Estas son as tres actuacións que porá en marcha o Concello de Vigo de cara o vindeiro verán para evitar os incendios.
Abel Caballero avanzou este luns que o Concello de Vigo xa traballa en tres frontes para que a cidade estea preparada o vindeiro verán ante os incendios forestais. Durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación, o alcalde sinalou que bombeiros, comuneiros e técnicos forestais levarán a cabo unha campaña de sensibilización entre os máis pequenos.
"Xa iniciamos a acción contra os incendios e desde mañá bombeiros, comunidades de montes e técnicos forestais levarán a cabo unha gran mobilización en contra dos incendios informando sobre as medidas a tomar", explicou o rexedor.
Durante todo o ano, un total de 25 efectivos municipais están adicados á limpeza dos montes a través do Plan de Emprego, unha iniciativa que impediu que os incendios dos pasado mes de outubro tivesen un maior alcance, segundo indicou Caballero.
"Son 25 persoas traballando para que os montes estean limpos, algo que permitiu que o pavoroso incendio do ano pasado fose moi menor porque os montes comunais estaban limpos, non así os montes privados", sinalou.
Abel Caballero tamén asegurou que "esta nova acción está dirixida a toda a poboación, especialmente coa xente xove para a sensibilización no momento máis importante". A terceira iniciativa será a construción do anel verde que permita recuperar os bosques autóctonos e que serva tanto de cortalumes como de vía de servizo para os traballos de extinción.
"Iniciaremos de inmediato as plantacións para esta actuación, agora non hai nada, é intolerable, pero imos facer 100 metros de defensa, 50 de lado con especies nobres cunha separación para que non poida saltar o lume dun árbore a outro", afirmou.
Este anel verde contará con outras dúas zonas de 22,5 metros cada unha, con especies autóctonas, e no medio un camiño de 4 a 6 metros de ancho para poder circular, tanto camións de limpeza como de extinción de incendios.
"Tardamos unhas 15 horas en extinguir o incendio de Vigo, a única zona de Galicia que extinguiu o feroz lume cos seus propios medios. Bombeiros, Policía Local, Nacional, Autonómica, Nacional, Protección Civil, voluntarios... todos traballaron xuntos", explicou o alcalde antes de asegurar que "cos novos camiños, estaría en cinco horas".