A Pinacoteca acolle ata o 30 de setembro "A nova colección Colmeiro", con 21 óleos e 145 obras sobre papel
Abel Caballero e máis a filla do artista, Elena Colmeiro, inauguraron esta mañá na Pinacoteca "A nova colección Colmeiro" que permanecerá aberta ata o próximo 30 de setembro. A mostra está formada polos 21 óleos e as 145 obras sobre papel que integran o legado cedido ao Concello polos herdeiros do artista.
O alcalde participou esta mañá na inauguración da mostra "A nova colección Colmeiro" que permanecerá na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego ata o 30 de setembro. Acompañado pola filla do autor, Elena Colmeiro, e José Ballesta, comisario, o alcalde eloxiou unha exposición que está formada polos 21 óleos do artista e as 145 obras sobre papel que integran o legado cedido polos herdeiros de Colmeiro ao Concello en 2017.
Caballero explicou que a incorporación deste legado á colección municipal de arte galega do Concello é un acontecemento cultural de primeira orde e converte a Vigo nunha referencia artística ineludible. Esta mostra transcende o territorio, é un valor da cultura universal, dixo. Na súa intervención, agradeceu á familia esta cesión "pola súa xenerosidade coa cidade e co patrimonio colectivo" sen pedir nada a cambio máis aló da divulgación desta obra.
A exposición mostra practicamente todas as etapas do autor: o seu retorno a Galicia nos anos 20 do século pasado, a súa renovación de estilo e interpretación da realidade galega dos anos 30, o impacto da Guerra Civil, o seu exilio en París e, finalmente, o seu regreso e presentación en España a partir dos anos 50. A colección recolle, asi mesmo, todas as temáticas que lle son propias, coa muller como gran protagonista: o seu país galego, que capta a través das súas paisaxes e as súas xentes en romarías e oficios; os traballos de estudio, a súas incursións na mitoloxía ou os seus retratos.