Escoitar

Adxudicada a redacción dos proxectos para as novas gradas de Marcador e Gol en Balaídos

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a contratación dos servizos de redacción do proxecto das obras das novas gradas de Gol e Marcador e un aparcamento soterrado. O alcalde avanzou que a renovación das butacas de Río Bajo estará lista para iniciar a vindeira tempada.

xoves, 3 mai 2018
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a adxudicación da contratación dos servizos de redacción do proxecto das obras das novas gradas de Gol e Marcador, dun aparcamento soterrado e dun proxecto conxunto do estadio municipal de Balaídos.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou en rolda de prensa que a contratación foi adxudicada a Pedro de la Puente por un importe de 680.000 euros e un prazo de execución de oito meses.

Ademais, o rexedor sinalou que o 22 de febreiro "tomamos coñecemento da resolución do Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais desestimando o recurso interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia impugnando a licitación".

Ao investimento das novas gradas hai que sumar outros 350.000 euros que a Deputación de Pontevedra aportará para a renovación das butacas de Río Baixo. Caballero sinalou que os espectadores poderán estrear os asentos a vindeira tempada.