Escoitar

O alcalde anima aos vigueses a gozar da "mellor gastronomía galega" no Mercado de Sabores de Mahou <br />

A terceira edición deste evento celébrase desde hoxe e ata o domingo na Estación Marítima de Vigo e contará con numerosas actividades como showcookings e música en directo.

xoves, 3 mai 2018
1525362544Mercado.JPG
A terceira edición do Mercado de Sabores de Vigo celébrase desde hoxe e ata o domingo na Estación Marítima e contará cunha quincena de restauradores da cidade que farán as delicias dos visitantes coas súas tapas acompañadas, por suposto, da cervexa Mahou.

Caballero animou na inauguración do evento a todos os vigueses a participar "e gozar dun bo intre coa familia e os amigos nun lugar tan bonito como este, xunto ao mar". O alcalde encomiou o sabor da cervexa e a calidade dos cociñeiros participantes. Lembrou ademais como o peirao era hai anos "un lugar de tristeza e emigración e hoxe é un lugar de encontro no que Vigo acolle cos brazos abertos a todo o mundo".

Tamén o deputado provincial, Carlos López Font, felicitou aos organizadores "polo que este evento significa para a cidade" e destacou que, durante este fin de semana, "Vigo será o centro da gastronomía de toda Galicia".
O Mercado de Sabores contará con presentacións de tapas de todos os participantes ao longo destes catro días, exhibicións de tiraxe de cervexa, música en directo ( Rayden, Dj Amable e Dj Edu Romeu ), showcookings e a master class de José Carlos Fontes, que se celebrou esta mesma mañá.
1525362544Mercado.JPG
1525362629Mercado.JPG
Descargar todas as imaxes