Caballero: "SmartPeme é unha grande oportunidade para as empresas"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este xoves xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a un novo almorzo networking do programa "SmartPeme" no Auditorio do Areal de Vigo, protagonizado por Manel Loureiro.
O programa de asesoramento TIC da Deputación ofreceu en Vigo un almorzo networking con Manel Loureiro que ensinou a crear unha marca persoal no contexto dixital. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, anunciou que o 23 de maio a rúa do Príncipe acollerá os proxectos impulsados polos rapaces e rapazas que participan en "DepoEmprende na Escola".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que "SmartPeme é unha grande oportunidade para conseguir que as novas dinámicas sociais e económicas se mesturen coas novas tecnoloxías, un mundo que apenas leva 15 anos en marcha, e vainos permitir entender como se ten que producir o modelo 4.0, no que xa estamos, no complexo mundo da empresa e do social".
Caballero afirmou que "o século XXI estanos abrindo moitas oportunidades a toda a cidadanía, e especialmente nunha cidade como Vigo que vive na economía e debe estar preparada sempre para implantar as novidades e entender por onde van os procesos económicos, sociais, administrativos e territoriais, abríndonos a todo o que ofrece a modernidade".
Descargar todas as imaxes