Escoitar

O Concello convoca 400 prazas en campamentos de verán polideportivos nas Travesas, en Samil e na ETEA

O goberno local volve poñer en marcha as súas iniciativas de conciliación laboral no verán e xa convocou 400 prazas para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos. As instalacións deportivas de As Travesas, Samil e a ETEA son as ubicacións escollidas para acoller estas iniciativas lúdico deportivas.

xoves, 3 mai 2018
O Concello vén de convocar 400 prazas de campamentos polideportivos para nenos de entre 6 e 14 anos. O primeiro deles, o Campus de As Travesas conta con 200 prazas e se desenvolverá desde o 25 ata o 29 de xuño; o segundo, o de Samil, conta con 100 prazas e será entre o 9 e 14 de xullo, mentres que o da ETEA, que tamén conta cun centenar de vacantes, será entre o 2 e o 6 de xullo. Segundo explicou o rexedor, o Concello subvenciona o 50% do custo destes campamentos urbanos para os que, tal e como figura na páxina web, a inscrición será na Fundación VIDE a partir do luns 7 de maio en horario de oficina e por orden de chegada.