Escoitar

O goberno de Vigo finaliza a primeira fase da humanización da rúa Bueu, cun orzamento de 825.000 euros

O Concello vén de remodelar a rúa, substituindo firmes e canalizacións de abastecemento e saneamento, prantando 23 árbores e instalando novas xardineiras e iluminación LED. Abel Caballero, que visitou este luns a reforma, avanzou a instalación dun parque biosaudable.

luns, 7 mai 2018
1525696720HumanizacionBueu_01.JPG
Abel Caballero valorou a "espléndida" humanización acometida polo Concello de Vigo na rúa Bueu, desatendida durante décadas, censurou, e que agora "tomamos en serio". "Desexamos que a gocen todos os cidadáns", concluíu.

O Concello levou adiante a primeira fase da humanización da rúa Bueu cun orzamento de 825.000 euros para remodelar 174 metros de rúa, renovar as canalizacións de saneamento e abastecemento de auga e incorporar papeleiras, bancos, xardineiras, iluminación LED e 23 novas árbores.

A humanización da rúa Bueu, explicou Caballero, continuará cunha segunda fase que arrancará próximamente. Antes, como parte desta primeira fase da mellora, o Concello disporá un novo parque biosaudable na nomeada rúa.
1525696720HumanizacionBueu_01.JPG
1525696736HumanizacionBueu_04.JPG
1525696752HumanizacionBueu_07.JPG
Descargar todas as imaxes