Escoitar

Little Steven actuará no Auditorio de Castrelos

O alcalde anunciou unha nova actuación para as festas do vindeiro verán. Será Little Steven, mano dereita de Bruce Springsteen e membro do selecto clube de artistas lendarios que foron incluídos no Rock’n’Roll Hall of Fame. O concerto será o 12 de xullo e gratuíto.

martes, 8 mai 2018
O alcalde de Vigo anunciou este martes unha nova actuación gratuíta para as festas de verán. O vindeiro 12 de xullo subirá ao escenario do Auditorio de Castrelos o guitarrista Little Steven, mano dereita de Bruce Springsteen e membro do selecto do clube de artistas lendarios que foron incluídos no Rock’n’Roll Hall of Fame.

Little Steven, alma da E Street Band e un dos guitarristas máis carismáticos do rock estadounidense, actuará o 12 de xullo en Castrelos despois de pasar os días previos por Amsterdam, París e Madrid.

Esta actuación ven a sumarse ao resto de concertos xa confirmados para este Vigo en Festas: Joan Manuel Serrat (21 de xullo), Maná (23 de xullo), Dorian + Zoe (27 de xullo), Morat (31 de xullo), Raphael (2 de agosto) e Cantajuegos (4 de agosto). O alcalde tamén avanzou que aínda quedan por anunciar dous grandes grupos máis para as actuacións do verán.