O alcalde chama a constituir un "gran pacto social" na Unión Europea
Abel Caballero participou nos actos organizados este martes pola Axencia Europea de Control da Pesca para celebrar o Día de Europa. Na súa intervención, indicou que "o mellor para Europa todavía está por chegar" e reclamou retomar o "gran pacto social" para que ninguén se sinta alonxado do proxecto común europeo.
Abel Caballero recordou que a Unión Europea constituiuse nun gran pacto territorial, de países, e tamén social pois todos se sentían Europa. Foi entón cando se avanzou. Hoxe, corroborou o alcalde, "non todos se sinten Europa" pois algúns sectores de poboación de todos os países que a conforman se ven alonxados do proxecto común europeo, polo tanto, "ten que vir a Europa do gran pacto social, que non deixe a ninguén desatendido".
Ademais, o rexedor vigués felicitou á Axencia Europea de Control da Pesca polo traballo que leva adiante desde Vigo para toda a Unión, con "vigueses" que proceden de distintos países europeos.
Descargar todas as imaxes
Ademais, o rexedor vigués felicitou á Axencia Europea de Control da Pesca polo traballo que leva adiante desde Vigo para toda a Unión, con "vigueses" que proceden de distintos países europeos.