Escoitar

O Pleno da Mancomunidade de Vigo rebaixa nun 33% as achegas que realizan os concellos

A Mancomunidade de Vigo reducirá nun 33% os pagos que achegan os concellos ao ente supramunicipal dado que a entidade ten remantes superiores a 1,5 millóns. Outra das decisións foi mandatar ao interventor para reclamar os pagos atrasados aos concellos que teñen débedas.

martes, 8 mai 2018
Coa única ausencia do PP, o Pleno da Mancomunidade acordou onte rebaixar nun 33% as cuotas que ten que pagar cada concello a este entre supramunicipal, dadas as saneadas contas deste organismo-cun remante de máis dun millón e medio de euros. No transcurso do Pleno constatouse, asi mesmo, que hai concellos con débedas coa Mancomunidade, entre os que destaca Mos, que leva dez anos sen pagar a súa cuota e xa ten unha débeda acumulada de 127.680 euros. Tal e como explicou o rexedor, o Pleno mandatou ao interventor a poñerse en contacto con este concello para ofrecerlles un plan de pagos e, senón, procederá de acordo coa lei. Hai outros dous municipios con atrasos nas súas obrigas pero van pagando.

En declaracións aos medios, Caballero criticou ao grupo popular por non acudir aos Plenos e facer, polo tanto deixación das súas obrigas institucionais. Recriminoulles que pidan a disolución do ente e, sen embargo, non acudiran ao Pleno no que se debateu ese extremo, que non saiu adiante por falta de votos. Este respecto, abondou o rexedor " se o Partido Popular compromete a súa presencia, iniciarei o proceso de disolución de forma inmediata".