Un total de 28 operarios xa limpan os montes de Vigo grazas ao Plan de Emprego do Concello
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves o parque forestal de Beade, onde xa traballan operarios contratados a través do Plan de Emprego do Concello para levar a cabo labores de limpeza dos montes e reforestación das zonas queimadas durante os incendios do pasado mes de outubro.
Un total de 28 persoas xa traballan nos montes de Vigo grazas ao Plan de Emprego do Concello para recuperar os montes queimados o pasado outono e protexelos de cara a vindeira temporada estival.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves o parque forestal de Beade, onde unha decena de operarios contratados a través do Plan de Emprego estaban levando a cabo nese momento labores de retirada de maleza e madeira queimada. Esta novo iniciativa municipal está encamiñada ao plan de protección dos montes de Vigo
"Levamos moitos anos facendo isto e afortunadamente estaban limpos cando rexistrouse o incendio pavoroso de outubro, se non sería moito peor, porque os montes privados non estaban en condicións", sinalou o alcalde.
Coa contratación de 28 persoas (un capataz, un auxiliar administrativa e 26 peóns) procederase a limpeza de 600 hectáreas de montes comunais. A actuación conta cunha partida de 140.000 euros e está encamiñada a retirar, en primeiro lugar, a madeira queimada, que non é de uso comercial e non pode aproveitarse.
O rexedor tamén avanzou que a partir do mes de novembro empezarán os traballos de reforestación. "Facemos o noso traballo, sempre o facemos, pero é unha pena que a Xunta non contrate outros 25 ou 30 traballadores, porque teríamos o dobre de capacidade de actuación", sinalou Caballero.
Descargar todas as imaxes