O rexedor reclama un plan de obra compatible co tráfico en Rande e levantar as peaxes nos atascos
Abel Caballero reclama que as obras na ponte se executen nos momentos de menos tráfico, informar dos cortes á cidadanía e aos usuarios da AP9 á entrada da autoestrada e, por último, que non se cobren as peaxes se se producen atascos. O rexedor traslada a súa demanda a Fomento, Xunta e concesionaria ante os problemas "intolerables" acontecidos en Rande.
O alcalde anunciou o envío dunha carta coas demandas do Concello ao ministro de Fomento, ao presidente da Xunta e ao responsable da concesionaria da autoestrada
Abel Caballero indicou que "non se poden tolerar" estes atascos na Ponte de Rande cando os condutores pagan peaxes "altos" -e subidos recentemente-, causando ademais problemas de seguridade, mobilidade e produtividade. É "intolerable", manifestou, polo que demandou "un plan de obra compatible co tráfico".
Así, o alcalde require que se fixen os momentos nos que facer as obras para que causen os menores inconvintes posibles aos condutores, incluso que se traballe de noite se ten menos incidencia no tráfico: "as obras de máis intensidade de ocupación de carrís na ponte de Rande se teñen que facer nos momentos de menos tráfico".
Unha vez adoptada esta medida, Abel Caballero reclama que se traslade toda a información sobre as obras en Rande aos cidadáns de Vigo e a súa área, en particular aos usuarios da autoetrada no seu acceso á mesma.
E por último, de continuar os atascos por causa das obras, "as barreiras teñen que levantarse", esixiu Abel Caballero en relación ás peaxes. O alcalde avanzou que os servizos xurídicos estudan arestora posibles actuacións legais ao respecto e denunciou que nin Xunta de Galicia nin Ministerio de Fomento teñen reaccionado "en absoluto" ante estes problemas.